viernes, 25 de febrero de 2011

Seaia 2 - Cereo 4

Bo partido en Pedra Queimada.
Partido moi bonito para os aficinados, no que se marcarían seis goles. Na primeria metada comezaría marcando o Cereo por medio de Richard (1-0), para cinco minutos máis tarde empatar o Seaia con un soberbio gol por toda a escuadra (1-1); dez minutos máis tarde volveria a marcar o Seaia (2-1) con outro magnífico gol tras un rechace da defensa do Cereo. Eso si, dicir que Richar puido adelantar o Cereo no marcador, nunha xogada que se plantaou só diante do porteiro pero lle tirou as mans, rectificando o seu error con un golazo por toda a escuadra (2-2), co que iríamos o descanso.
Xa na segunda metada, o Cereo controlou máis o partido, froito do que chegou o 3º gol non rechace dentro da área, que como non, seria outra vez Richard quen o metería dentro dos tres paus (2-3), o cuarto gol viría dunha contra moi ben levada polos xogadores do Cereo, na que Felipe deixa un balón moi ben a Ivan (Tokero) e este o cruza perfectamente para o segundo pau (2-4), rematando así o partido.
Destacar que foi un partido moi bonito e con goles de bellísima factura.
Once inicial: Rey, Diego, Andres, David, Martín, Alberto, Tato, Ivan (Tokero), Sande, Pena, Richard
No tallo: Felipe, Sergio
Adestrador: Suso

No hay comentarios: