viernes, 25 de febrero de 2011

Seaia 2 - Cereo 4

Bo partido en Pedra Queimada.
Partido moi bonito para os aficinados, no que se marcarían seis goles. Na primeria metada comezaría marcando o Cereo por medio de Richard (1-0), para cinco minutos máis tarde empatar o Seaia con un soberbio gol por toda a escuadra (1-1); dez minutos máis tarde volveria a marcar o Seaia (2-1) con outro magnífico gol tras un rechace da defensa do Cereo. Eso si, dicir que Richar puido adelantar o Cereo no marcador, nunha xogada que se plantaou só diante do porteiro pero lle tirou as mans, rectificando o seu error con un golazo por toda a escuadra (2-2), co que iríamos o descanso.
Xa na segunda metada, o Cereo controlou máis o partido, froito do que chegou o 3º gol non rechace dentro da área, que como non, seria outra vez Richard quen o metería dentro dos tres paus (2-3), o cuarto gol viría dunha contra moi ben levada polos xogadores do Cereo, na que Felipe deixa un balón moi ben a Ivan (Tokero) e este o cruza perfectamente para o segundo pau (2-4), rematando así o partido.
Destacar que foi un partido moi bonito e con goles de bellísima factura.
Once inicial: Rey, Diego, Andres, David, Martín, Alberto, Tato, Ivan (Tokero), Sande, Pena, Richard
No tallo: Felipe, Sergio
Adestrador: Suso

viernes, 18 de febrero de 2011

CEREO - RUS: CAMPO PESADO

A pesar de estar o campo pesado, o Cereo non deixou escapar a ocasión de golear o Rus. Na primeria parte xogamos ben, e marcaría Ivan 2 goles co que iríamos o descanso 2-0, xa na segunda metade, que foi unha réplica da primeira marcariamos dous goles máis. Esta vez seria Richard quen poñía o 3-0 e cerraria a conta Ivan co 4-0.
O gol do Rus, veu dun barullo na área do Cereo, no que a defensa non acertou a despexar, quedando o resultado final 4-1.
Once inicial: Rey (na portería), Diego, Marcos, Martín, Andrés, Alberto, Esteban, David, Sande, Pena, e Ivan
No tallo: Alex e Richard
Adestrador: Suso
Delegada: Verónica
Árbitro: Isidro

viernes, 11 de febrero de 2011

A Vieria 2 - Cereo 3. Tivemos que sudar a camiseta

Partido moi disputado no campo de A Vieira, onde o Cereo chegou algo mermado polas baixas. Na primeira metade adiantámonos moi pronto no marcador (0-1 Ivan), empatarían máis tarde de falta dende lexos da área (1-1), e así fomos o descanso.
Na segunda metade, os nosos xogadores quedaron protestando unha falta o noso favor cerca da área local, e mentres o equipo contrario aporveitaba para adiantarse no marcador (2-1); volveriamos a marcas nós para empatar (2-2 Ivan), e máis tarde marcaríamos un penalti cometido polo porteiro sobre Felipe, foi este o gol que nos máis tarde nos daría a victoria (2-3 David)
Once inicial: Rey, Koki, Martin, Marcos, Alberto, David, Ivan (Tokero), Sande, Esteba, e Ivan
No tallo: Pena, Felipe e Mauri (de muletas)
Mister: Suso
Delegada: Verónica
Artitro: Ernesto

martes, 1 de febrero de 2011

XORNADA DE DESCANSO

Despois desta xornada de descanso, esperemos que os xogadores do Cereo tiveran tempo para descansar, reflexionar e cargarse de enerxías positivas para afrontar o que queda de temporada.

O próximo domingo visitamos o campo de A Vieira.